Facebook Twitter Google +1     Admin

Para decorar o escritorio ou para traballos en power point clik aqui

21/04/2006 10:13 kathy Enlace permanente. IMAXEN No hay comentarios. Comentar.

FUTURO INMEDIATO

20060404105434-suenos.jpg

Todos queremos que se cumpran nun futuro as metas que nos propomos, pero é posible que ese futuro este tan cerca que non queda tempo para realizar aquilo que nós desexamos, entón eses soños desfanse como castelos na area. O problema é que  lle pomos límites o tempo, e é que pasa tan rápido diante dos nosos ollos que non nos decatamos. O presente incide directamente no futuro das nosas vida, dos nosos desexos. Temos que vivir o día de hoxe como unha ponte para o día de maña, a meta? os teus soños.

Non é nada doado planificar o futuro, e máis aínda, acadar o que queremos, pois moitas veces vense truncadas as nosas metas por situacións varias, a solución non está en ver só cumpridos os nosos proxectos senon, asumir as barreiras e sobrepasalas sen chegar a desesperación, cada problema ten a súa solución e nunca é tarde para acceder os nosos soños. Unha vez que no noso camiño non queden pedras é o momento idóneo para seguir cos proxectos.

Nunca se pode dar un por vencido polas situacións, débese loitar ata conseguir o desexado, e recorda, non poñas "límite os teus soños".

04/04/2006 10:54 kathy Enlace permanente. sin tema No hay comentarios. Comentar.

TERRA DA FELICIDADE

20060328104753-brasil.jpg

 

María do Carme Fidalgo, concelleira do PT na cidade de San Salvador, lévanos a coñecer a outra Bahía.

Máis da terceira parte da poboación en Brasil vive por debaixo dos mínimos da pobreza. Miles de familias sobreviven como poden en precarias situacións. A vida non é doada para ninguén, os salarios son moi baixos e aínda así sácanlle partido para axudor ós demáis.

Unha fonte de ingresos son as axudas recibidas polo Estado ás familias, por cada neno que vaia a escola, o problema é que os cativos non paran no colexio, a súa ilusión é ser de maiores estrelas do fútbol e gañar así moitos cartos en Europa. Outro dos problemas é a prostitución,son moitas as rapazas novas que se dedican a prostituirse polas calles de San Salvador e conseguir incentivos para sobrevivir,o 80% da economía de San Salvador procede deste oficio, e é que cada ano chegan a Bahía case un millón de turistas.

COMENTARIO

Vivimos nunha época moi avanzada, as tecnoloxías cada vez progresan máis e son miles de persoas as que se benefician destas novidades pero, qué pasa cas persoas que viven no umbral da pobreza?, en lugar de vivir con máis comodidades deberíamos ocuparnos de axudar a xente que nin tan sequera poden preocuparse de se ten a televisión estragada ou se teñen mensaxen no teléfono móbil, cousas que na actualidade nos parecen imprescindibles para a vida.

 

24/03/2006 11:12 kathy Enlace permanente. sin tema No hay comentarios. Comentar.

LITERATURA GALEGA DO SÉCULO XX

20060321111818-castelao.gifEsta materia optativa é interesante pola diversidade de autores da nosa época que nos transmiten a nosa cultura mediante as súas obras. É unha boa opción para aumentar o noso campo cultural. É importante saber cantos grupos xeracionais existiron ata a nosa época e por qué situacións pasaron, pois tamén indagamos na historia. Esta materia tamén serve para aumentar o nivel noutras materias,como en "historia", "lengua y literatura castellana"...
21/03/2006 11:18 kathy Enlace permanente. sin tema No hay comentarios. Comentar.


Blog creado con Blogia.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras

Contrato Coloriuris