Blogia
Kathy

TERRA DA FELICIDADE

TERRA DA FELICIDADE

 

María do Carme Fidalgo, concelleira do PT na cidade de San Salvador, lévanos a coñecer a outra Bahía.

Máis da terceira parte da poboación en Brasil vive por debaixo dos mínimos da pobreza. Miles de familias sobreviven como poden en precarias situacións. A vida non é doada para ninguén, os salarios son moi baixos e aínda así sácanlle partido para axudor ós demáis.

Unha fonte de ingresos son as axudas recibidas polo Estado ás familias, por cada neno que vaia a escola, o problema é que os cativos non paran no colexio, a súa ilusión é ser de maiores estrelas do fútbol e gañar así moitos cartos en Europa. Outro dos problemas é a prostitución,son moitas as rapazas novas que se dedican a prostituirse polas calles de San Salvador e conseguir incentivos para sobrevivir,o 80% da economía de San Salvador procede deste oficio, e é que cada ano chegan a Bahía case un millón de turistas.

COMENTARIO

Vivimos nunha época moi avanzada, as tecnoloxías cada vez progresan máis e son miles de persoas as que se benefician destas novidades pero, qué pasa cas persoas que viven no umbral da pobreza?, en lugar de vivir con máis comodidades deberíamos ocuparnos de axudar a xente que nin tan sequera poden preocuparse de se ten a televisión estragada ou se teñen mensaxen no teléfono móbil, cousas que na actualidade nos parecen imprescindibles para a vida.

 

0 comentarios