FUTURO INMEDIATO
Todos queremos que se cumpran nun futuro as metas que nos propomos, pero é posible que ese futuro este tan cerca que non queda tempo para realizar aquilo que nós desexamos, entón eses soños desfanse como castelos na area. O problema é que lle pomos límites o tempo, e é que pasa tan rápido diante dos nosos ollos que non nos decatamos. O presente incide directamente no futuro das nosas vida, dos nosos desexos. Temos que vivir o día de hoxe como unha ponte para o día de maña, a meta? os teus soños.
Non é nada doado planificar o futuro, e máis aínda, acadar o que queremos, pois moitas veces vense truncadas as nosas metas por situacións varias, a solución non está en ver só cumpridos os nosos proxectos senon, asumir as barreiras e sobrepasalas sen chegar a desesperación, cada problema ten a súa solución e nunca é tarde para acceder os nosos soños. Unha vez que no noso camiño non queden pedras é o momento idóneo para seguir cos proxectos.
Nunca se pode dar un por vencido polas situacións, débese loitar ata conseguir o desexado, e recorda, non poñas "límite os teus soños".
0 comentarios